jueves, 13 de diciembre de 2012

Concerto de Nadal




O vindeiro xoves, 20 de decembro, ás 20:00 na Casa da Cultura de Boiro celebraremos o tradicional Concerto de Nadal. 

O alumnado da Escola de Música felicitaranos o Nadal ao tempo que poderemos ver os seus progresos na interpretación musical. Tamén teremos a oportunidade de ver as novas promesas do concello de Boiro. 

Nesta ocasión a Escola de Música de Boiro quere colaborar con Cáritas. Poñeremos a disposición de todas aquelas persoas que o desexen, uns petos para que podades depositar os vosos donativos.

Con este concerto poñemos fin ao primeiro trimestre de curso e daremos vacacións ata o 8 de xaneiro. 


Vémonos o xoves!! 

jueves, 27 de septiembre de 2012

Presentación Novo Curso EMB

Mañá venres agardámosvos na Estación Leñaverde (Centro Social de Boiro) ás 20:00h para presentarvos o novo curso. Ao finalizar a presentación fixaranse os horarios individuais. Ata mañá!

viernes, 7 de septiembre de 2012

Inicio Curso 2012-13


Co mes de setembro comeza a actividade na Escola de Música de Boiro. No taboleiro de anuncios da Escola tedes expostos o listado do alumnado admitido por instrumento para o curso 2012 – 2013.
Os horarios das clases grupais (solfexo, maiores, iniciación e ritmo), expoñeranse no taboleiro o 17 de setembro e os horarios de instrumento entregaranse o día da presentación, o vindeiro 28 de setembro ás 20:00 no Leña Verde, Centro Social.
Lembrámosvos que a secretaría abre o vindeiro 17 de setembro en horario de mañá os luns, mércores e venres de 11:00 – 13:30 e o vindeiro 1 de outubro tamén en quenda de tarde os martes e xoves de 20:00 – 21:00.
O 17 de setembro tamén comeza o prazo para facer a preinscripción que se alongará ata o 11 de outubro. Podedes recoller e formalizar os impresos en horario de secretaría.
Esperamos que o pasarades ben  neste verán e que veñades cas pilas cargadas para este novo curso.

martes, 26 de junio de 2012

Fotos Festival Fin de Curso 2012

Xa tedes dispoñibles as fotos do Festival de fin de curso da EMB celebrado o pasado 21 de xuño na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro. Grazas a todas e todos por vir. Lembramos que o prazo para facer a preinscripción de matrícula para o próximo curso 2012-13 remata este venres 29.
Para acceder directamente ao álbum fai clik na seguinte imaxe:

miércoles, 30 de mayo de 2012

Recortes de prensa

Deixamos uns recortes de prensa que falan sobre o I Encontro Galego de Escolas de Música organizado pola EMB e celebrado o pasado sábado 26 de maio. Queremos agradecer ás escolas de Carnota, Muros, Cee e Estudio de Santiago a súa implicación e bo facer. Foi unha xornada moi enriquecedora para os nenos e os mestres onde compartimos turismo, xantar e música ... e por suposto conversas. Queremos darlle as grazas a Victor por amosarnos as marabillas arqueolóxicas que se agochan na comarca do Barbanza e facernos un interesante percorrido pola exposición do Centro Arqueolóxico do Barbanza en Neixón.
Xa podedes ver as fotos da xornada na galería do noso blog ou no noso facebook.


miércoles, 23 de mayo de 2012

I Encontro Galego de Escolas de Música

Enmarcado na programación mensual que ven organizando a Escola de Música de Boiro ao longo deste curso, terá lugar este sábado 26 de maio o I Encontro Galego de Escolas de Música. Participarán as Escolas de Música de Carnota, Muros, Cee e a Escola de Música Estudio de Santiago de Compostela. Acompañaránnos arredor de 15 músicos de cada unha das escolas participantes.O obxetivo deste encontro é o de compartir experiencias educativas e estreitar lazos entre as alumnas e alumnos de distintas escolas de música. Desde a EMB apostamos polo diálogo musical e cultural con outras escolas galegas polo que agardamos que este sexa o primeiro de moitos máis.

Ás 12:00h terá lugar a recepción das Escolas na Praza do Concello a cargo da EMB e a corporación municipal. Unha vez feitas as presentacións desplazarémonos ata o Museo Arqueolóxico do Castro de Neixón para asistir a unha visita guiada e dar a coñecer aos nosos invitados un dos lugares máis representativos do noso concello. Despois do xantar realizarase unha visita ás instalacións da EMB e terán lugar os ensaios previos. O concerto de clausura da xornada está previsto para ás 17:30h no Auditorio da Casa da Cultura Ramón Martínez López.

Non o perdades!

martes, 15 de mayo de 2012

Fraguel Rock para os máis peques da EMB.

O profe Gabriel deixa esta canción da segunda temporada de Fraguel Rock titulada "Trabajo, trabajo y trabajo"; para os e as peques da EMB; a ensaiar!


Video Recital Leñaverde

Que viva o Recital Leñaverde ! Este é un pequeno resumo do que aconteceu o pasado 29 de marzo na Estación Leñaverde, no Centro Social, onde grandes e pequenos amosaron aos asistentes o traballo que veñen realizando nos últimos meses na EMB. As alumnas e alumnos de Estudio Escola de Santiago compartiron con nós unha tarde chea de música interpretando dúas pezas. Tamén quixemos colaborar con UNICEF quenes instalaron un stand informativo para as persoas asistentes. Unha tarde chea de encontros entre músicos e ledicia das familias. Pola nosa parte, agardamos o vindeiro Recital Leñaverde do ano 2013 ca mesma ilusión de ter entre nós ás novas xeracións das e dos músicos que están por vir.

miércoles, 2 de mayo de 2012

David Lojo Quartet


O pasado venres ás 21:30h tivo lugar no Centro Social o concerto de David Lojo Quartet enmarcado na programación mensual que ven organizando a Escola de Música de Boiro. David Lojo é antigo alumno da Escola e membro da Banda de Música de Boiro. En breve subiremos á nosa canle de youtube videos do concerto.



Novas fotos na galería da EMB: Recital Leñaverde

Xa están na nosa galería as fotos do Recital Leñaverde. Un ano máis o Recital Leñaverde descubre os novos talentos da EMB. Nesta ocasión contamos coa visita dos alumnos da Estudio Escola de Santiago de Compostela que tocaron tres temas con nós. Tamén quixemos colaborar con UNICEF que instalou un stand de mostra e información para lembrarnos a necesidade de colaborar coa causa. Parabéns a todas e todos os músicos polo bo traballo realizado!
Para acceder directamente premede na imaxe:

lunes, 26 de marzo de 2012

Recital Leñaverde

Recital de Guitarra

Unha pequena mostra do que aconteceu o pasado 17 de febreiro na Estación Leñaverde, no Centro Social de Boiro,o Recital de Guitarra. Novos talentos da guitarra que emerxen na EMB da man de Marcos Pin. Agardamos que as disfrutedes. Vémonos na próxima!

EMB :: Recital de Guitarra

miércoles, 15 de febrero de 2012

Bolero de Ravel

Un novo video na nosa nova canle de Youtube. Desta volta os alumnos de percusión interpretaron o Bolero de Ravel no Festival de Nadal celebrado en decembro de 2011 na Casa da Cultura de Boiro. Agardamos que vos guste!

Recital de Guitarra

Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, este venres 17 de febreiro terá lugar na Estación Leñaverde (Centro Social de Boiro) ás 20:00h o Recital de Guitarra organizado pola EMB e que contará coa participación de 30 alumnos da Escola. Unha pequena escolma do traballo levado a cabo nas clases de guitarra impartidas por Marcos Pin, mestre da EMB. Non faltedes!!

jueves, 9 de febrero de 2012

Novo Canal en Youtube

Non deixedes de visitar a nosa nova canle no Youtube, un espazo onde poderedes ver todos os videos relacionados ca Escola de Música de Boiro e todas as actividades que se levan a cabo nela. Podedes acceder facendo click na seguinte imaxe ou se o preferides podedes ver os videos desde o noso blog no apartado "os nosos videos". Vémonos!


SONAXE no Pechakucha.

Hoxe ás 20:30h, SONAXE, a empresa xestora da Escola participará no Pechakucha que terá lugar na Asociación Boirense de Empresarios. O pechakucha resúmese en 20 imaxes x 20 segundos e neste tempo Sonaxe falará do proxecto levado a cabo na Escola. Alí estaremos!

miércoles, 8 de febrero de 2012

IMAXES DO I ENCONTRO MÚSICA TRADICIONAL

Xa podedes ver as imaxes do I Encontro de Música Tradicional organizado pola Escola de Música de Boiro que se celebrou o pasado venres 27 de xaneiro na Estación Leñaverde. Queremos agradecer a todos os músicos que participaron interpretando as súas pezas así como a todos os que vos achegástedes para disfrutar dunha noite 100% galega. Bailamos, tocamos, cantamos...pasámolo en grande! E despois de tocar un bo picoteo para recuperar forzas! Grazas tamén a todos os que aportáchedes as vosas especialidades culinarias. Vémonos na próxima!

Fai clik na seguinte imaxe para acceder ao album:

miércoles, 25 de enero de 2012

I Encontro de Música Tradicional

Este venres ás 21:00h terá lugar o I Encontro de Música Tradicional da Escola de Música de Boiro, na Estación Leñaverde. Contaremos con algunhas das formacións locais do noso concello. Estades todos convidados! Traede os vosos instrumentos ou simplemente vide a pasar un bo rato! Non faltedes! 

jueves, 19 de enero de 2012

Pelo Gato 24

Pelo Gato 24 é un disco-dvd para nenos que recolle unha selección de cantigas e xogos populares galegos. Trátase dun proxecto da Asociación de Gaiteiros Galegos.
O dvd ofrece videoclips dalgunhas cantigas e un documental explicativo dos xogos para que os nenos aprendan o xogo de cada unha das cancións. O cd recolle 14 cortes e unha pista interactiva con fotos, letras e playbacks. Todo isto acompañado dunha excelente presentación cun libreto de 64 páxinas coas fotos e os textos que documentarán os xogos e cantigas tradicionais galegas.Moi recomendable!

Aquí tedes a peza que están traballando os nosos nenos de iniciación, e non vexades o ben que o pasan...animádevos a cantala nas vosas casas!

lunes, 9 de enero de 2012

Fotos Festival de Nadal 2011

Xa podedes consultar as fotos do Festival.  Facede clik na seguinte imaxe e accederedes ao album da nosa Galería. Agardamos que vos gusten!

Festival Nadal 2011

Novo horario de atención ao público

Informamos ao alumnado e a todas aquelas persoas interesadas, que a secretaría da Escola cambia os días de atención ao público polas mañás. O novo horario será luns, xoves e venres de 11:00 a 13:30 horas. Se queredes poñervos en contacto con nos tamén o podedes facer nos teléfonos 981.842.635 no mesmo horario ou no 655.700.104. Desculpade as molestias.