miércoles, 23 de mayo de 2012

I Encontro Galego de Escolas de Música

Enmarcado na programación mensual que ven organizando a Escola de Música de Boiro ao longo deste curso, terá lugar este sábado 26 de maio o I Encontro Galego de Escolas de Música. Participarán as Escolas de Música de Carnota, Muros, Cee e a Escola de Música Estudio de Santiago de Compostela. Acompañaránnos arredor de 15 músicos de cada unha das escolas participantes.O obxetivo deste encontro é o de compartir experiencias educativas e estreitar lazos entre as alumnas e alumnos de distintas escolas de música. Desde a EMB apostamos polo diálogo musical e cultural con outras escolas galegas polo que agardamos que este sexa o primeiro de moitos máis.

Ás 12:00h terá lugar a recepción das Escolas na Praza do Concello a cargo da EMB e a corporación municipal. Unha vez feitas as presentacións desplazarémonos ata o Museo Arqueolóxico do Castro de Neixón para asistir a unha visita guiada e dar a coñecer aos nosos invitados un dos lugares máis representativos do noso concello. Despois do xantar realizarase unha visita ás instalacións da EMB e terán lugar os ensaios previos. O concerto de clausura da xornada está previsto para ás 17:30h no Auditorio da Casa da Cultura Ramón Martínez López.

Non o perdades!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario! É sinxelo, só tes que deixar o teu nome, comentar e enviar!