viernes, 23 de diciembre de 2011

Aviso

Informamos aos nosos alumnos que a secretaría da Escola permanecerá pechada durante as vacacións, dende o 23 de decembro ata o 9 de xaneiro. Se alguén precisa solucionar algunha cuestión pode poñerse en contacto con nós no teléfono 655.700.104. Desculpade as molestias. 

Boas festas!

lunes, 19 de diciembre de 2011

Éxito no Concerto de Nadal!

Este domingo, celebrouse na Igrexia Parroquial de Boiro o xa tradicional Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música de Boiro cun gran éxito de público. Este ano a Escola de Música foi outra das protagonistas pois neste concerto participaron algúns dos nosos nenos no coro de voces brancas que ensaiamos para a ocasión...o Nadal está preto!
Os nosos nenos interpretaron xunto coa Banda de Música e baixo a batura do seu director Juan Lois Diéguez "Adeste Fideles" e "El caracol Mifasol" de Ferrer Ferrán. Estiveron presentes no acto o Alcalde Juan José Dieste  e a Concelleira de Cultura Helena Teixeira. Parabéns a todos os músicos e grazas ás familias pola vosa asistencia! Bo Nadal!

sábado, 10 de diciembre de 2011

Diario de Arousa

Este é o artigo que adican ao noso blog no Diario de Arousa. Podedes consultar esta e máis novas no seguinte enlace: http://www.diariodearousa.com/

lunes, 5 de diciembre de 2011

Festexando a Santa Cecilia!

ImageChef Word Mosaic - ImageChef.com
Un ano máis na Escola de Música de Boiro, festexamos á nosa patroa Santa Cecilia. Unha das actividades que realizamos esa semana foi decorar a nosa escola con música por todos os recunchos! Os encargados foron os alumnos de iniciación e os do obradoiro de música para maiores...e ben linda que quedou a escola!
Aquí deixamos unhas fotiños do traballo realizado...agardamos que vos gusten!





Benvidos!


Comezamos un novo proxecto na Escola de Música de Boiro con moita ilusión e que agardamos que resulte interesante para todos os que vos acheguedes ata aquí. Queremos darvos a benvida a este novo espazo web que inaguramos e que pretendemos que sexa un punto de encontro entre mestres, alumnos, familias e calquera persoa que poida interesarse polas actividades que levamos a cabo na nosa escola. Non deixedes de visitarnos!!