miércoles, 15 de febrero de 2012

Bolero de Ravel

Un novo video na nosa nova canle de Youtube. Desta volta os alumnos de percusión interpretaron o Bolero de Ravel no Festival de Nadal celebrado en decembro de 2011 na Casa da Cultura de Boiro. Agardamos que vos guste!

Recital de Guitarra

Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, este venres 17 de febreiro terá lugar na Estación Leñaverde (Centro Social de Boiro) ás 20:00h o Recital de Guitarra organizado pola EMB e que contará coa participación de 30 alumnos da Escola. Unha pequena escolma do traballo levado a cabo nas clases de guitarra impartidas por Marcos Pin, mestre da EMB. Non faltedes!!

jueves, 9 de febrero de 2012

Novo Canal en Youtube

Non deixedes de visitar a nosa nova canle no Youtube, un espazo onde poderedes ver todos os videos relacionados ca Escola de Música de Boiro e todas as actividades que se levan a cabo nela. Podedes acceder facendo click na seguinte imaxe ou se o preferides podedes ver os videos desde o noso blog no apartado "os nosos videos". Vémonos!


SONAXE no Pechakucha.

Hoxe ás 20:30h, SONAXE, a empresa xestora da Escola participará no Pechakucha que terá lugar na Asociación Boirense de Empresarios. O pechakucha resúmese en 20 imaxes x 20 segundos e neste tempo Sonaxe falará do proxecto levado a cabo na Escola. Alí estaremos!

miércoles, 8 de febrero de 2012

IMAXES DO I ENCONTRO MÚSICA TRADICIONAL

Xa podedes ver as imaxes do I Encontro de Música Tradicional organizado pola Escola de Música de Boiro que se celebrou o pasado venres 27 de xaneiro na Estación Leñaverde. Queremos agradecer a todos os músicos que participaron interpretando as súas pezas así como a todos os que vos achegástedes para disfrutar dunha noite 100% galega. Bailamos, tocamos, cantamos...pasámolo en grande! E despois de tocar un bo picoteo para recuperar forzas! Grazas tamén a todos os que aportáchedes as vosas especialidades culinarias. Vémonos na próxima!

Fai clik na seguinte imaxe para acceder ao album: