Co mes de setembro comeza a actividade na Escola de Música
de Boiro. No taboleiro de anuncios da Escola tedes expostos o listado do
alumnado admitido por instrumento para o curso 2012 – 2013.
Os horarios das clases grupais (solfexo, maiores, iniciación e
ritmo), expoñeranse no taboleiro o 17 de setembro e os horarios de instrumento
entregaranse o día da presentación, o vindeiro 28 de setembro ás 20:00 no Leña
Verde, Centro Social.
Lembrámosvos que a secretaría abre o vindeiro 17 de setembro en
horario de mañá os luns, mércores e venres de 11:00 – 13:30 e o vindeiro 1 de
outubro tamén en quenda de tarde os martes e xoves de 20:00 – 21:00.
O 17 de setembro tamén comeza o prazo para facer a
preinscripción que se alongará ata o 11 de outubro. Podedes recoller e
formalizar os impresos en horario de secretaría.
Esperamos que o pasarades ben neste verán e que
veñades cas pilas cargadas para este novo curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario! É sinxelo, só tes que deixar o teu nome, comentar e enviar!