martes, 23 de abril de 2013

Concurso de pequenos deseñadores

Na Escola de Música da Boiro estamos a gravar un disco que recollerá o traballo que realizamos ao longo de todo o curso.

Dende a dirección pensamos que a mellor portada viría do noso alumnado, por este motivo abrimos un concurso co fin de que poidades presentar os vosos deseños para o noso disco. Só temos dous requisitos: que o debuxo sexa feito a man e que o entreguedes en papel de tamaño 21x21 cm antes do 30 de abril. Non esquezades poñer o voso nome completo na parte de atrás do debuxo.

Taller de Afinación Básica de Gaita

O sábado 27 de Abril terá lugar na Escola de Música de Boiro o Taller de Afinación Básica de Gaita. Para a súa impartición contaremos con Xaquín Xesteira membro de Treixadura. Se queredes participar só tedes que enviar un correo electrónico a xerencia@sonaxe.com ou chamarnos ao teléfono 665.700.104.

Para levar a cabo o curso teredes que traer a gaita, navalla, palletas, fío e fixo.

O prezo do curso son 10€ que se abonarán antes do seu comezo.