jueves, 19 de diciembre de 2013

Concerto de Nadal


O vindeiro venres 20 de decembro ás 20:00 terá lugar o tradicional Concerto de Nadal da Escola de Música de Boiro.

Neste evento, como en anos anteriores, poderase participar na campaña que Cáritas Diocesanas está a desenvolver co fin de recadar fondos para que todas as familias de Boiro non lle falte de nada nestas datas tan sinaladas.

Se aínda non tedes o voso agasallo, lembrade que podedes mercar o disco da Escola de Música da Boiro por un módico prezo de 3 €.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Quero un atril





Xa se está a converter nunha costume que a Escola de Música de Boiro nos sorprenda con algunha novidade por estas datas. Aquí vos deixamos o que de seguro se converterá no hit do Nadal en Boiro. Lembrade que o vindeiro día 20 estrease en directo.

lunes, 9 de septiembre de 2013

Prazas vacantes curso 2013 - 2014


Temos prazas vacantes nas seguintes especialidades. Se queredes anotarvos facédeo canto antes nos datos de contacto.

martes, 3 de septiembre de 2013

Xa estamos de volta

Xa rematou agosto e na Escola de Música de Boiro estamos a preparar o comezo do vindeiro curso. Se queres xa podes consultar  as listaxes de persoas admitidas no seguinte enlace e lembrade que o prazo de matrícula é do 15 de setembro ao 15 de outubro.

Admitidas

lunes, 8 de julio de 2013

Pechado por Vacacións

A Escola pecha ata setembro, pero non queremos irnos sen unha sorpresa, para o vindeiro ano estamos valorando aumentar o noso catálogo de formación con Violín e Canto, pero precisamos alumnado para estas novas especialidades, quen se apunta? Podedes enviarnos un correo ao enderezo escolamusicaboiro@gmail.com
En pouco días anunciaremos o calendario para o comezo do curso para que non teñades de que preocuparvos en todo o verán.

jueves, 13 de junio de 2013

Disco da Escola de Música

Acaba de chegar o disco da Escola de Música de Boiro!! Podedes mercalo na Escola, nas actividades que organizamos e na secretaría. O prezo son 3€.

Concerto Peche de Curso



Este ano pasounos voando, pero xa está aquí o concerto de peche de curso. Será o vindeiro venres 21 ás 21:00 na Casa da Cultura. Non faltedes para ver os progresos deste ano.

miércoles, 5 de junio de 2013

Concerto de Os Minhotos



Este venres ás 22:00, na Estación Leña Verde, vamos ter a sorte de contar con Os Minhotos. Presentaranos o seu novo disco ao tempo que nos explicarán os instrumentos que empregan. Animádesvos??

miércoles, 29 de mayo de 2013

Apertura do prazo de preinscripción



O luns comeza o prazo para a reserva e praza para o curso 2013 - 2014. Lembrade que todo o alumnado que queira continuar ou comezar a cursar estudos na Escola de Música de Boiro debe facer a preinscripción.

Lembramos que o horario da secretaría da EMB é luns, mércores e venres de 11:00 a 13:30 e os martes e xoves de 20:00 a 21:00 horas.

O prazo remata o vindeiro 28 de xuño.

martes, 21 de mayo de 2013

Portada do disco da Escola de Música de Boiro Curso 2012 - 2013




Xa temos gañadora do concurso para a portada do disco da Escola de Música de Boiro deste ano. Sofía Mariño García é a autora deste estupendo debuxo. Como os traballos presentados tiñan un nivel tan alto algúns deles empregáronse para a elaboración do disco, pero para saber como tedes que esperar a que saia. Xa non queda nada!!!

viernes, 10 de mayo de 2013

Master Class de Técnica Vocal


Temos sorpresa para esta fn de semana, Masterclass de Técnica Vocal a cargo de Marina Pernas. Celebrarase este sábado 11 de maio as 16:30 no Centro Social de Boiro. Animádevos!!

martes, 7 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013


Coma nas edicións anteriores, a Escola de Música de Boiro participará na Romaría das Letras que organiza Barbantia e o Concello de Boiro. Querémosvos convidar a todo o alumnado a participar desta actividade que de seguro vai encantar.

Triptico

Cartel

martes, 23 de abril de 2013

Concurso de pequenos deseñadores

Na Escola de Música da Boiro estamos a gravar un disco que recollerá o traballo que realizamos ao longo de todo o curso.

Dende a dirección pensamos que a mellor portada viría do noso alumnado, por este motivo abrimos un concurso co fin de que poidades presentar os vosos deseños para o noso disco. Só temos dous requisitos: que o debuxo sexa feito a man e que o entreguedes en papel de tamaño 21x21 cm antes do 30 de abril. Non esquezades poñer o voso nome completo na parte de atrás do debuxo.

Taller de Afinación Básica de Gaita

O sábado 27 de Abril terá lugar na Escola de Música de Boiro o Taller de Afinación Básica de Gaita. Para a súa impartición contaremos con Xaquín Xesteira membro de Treixadura. Se queredes participar só tedes que enviar un correo electrónico a xerencia@sonaxe.com ou chamarnos ao teléfono 665.700.104.

Para levar a cabo o curso teredes que traer a gaita, navalla, palletas, fío e fixo.

O prezo do curso son 10€ que se abonarán antes do seu comezo.

miércoles, 20 de febrero de 2013

PORTAS ABERTAS



Dentro da programación da Escola de Música de Boiro, este mes vamos asistir ao día de portas abertas que a Banda municipal de Boiro vai levar a cabo este venres ás 20:00 no Centros Social. Convidámosvos a todos a compartir co alumnado este achegamento á música instrumental.


martes, 22 de enero de 2013

II Encontro de Música e Baile Tradicional


Este venres 25 ás 19:30, na Estación Leña Verde o II Encontro de Música e Baile Tradicional. Estades todos e todas convidados e non esquezades os vosos instrumentos.