miércoles, 30 de mayo de 2012

Recortes de prensa

Deixamos uns recortes de prensa que falan sobre o I Encontro Galego de Escolas de Música organizado pola EMB e celebrado o pasado sábado 26 de maio. Queremos agradecer ás escolas de Carnota, Muros, Cee e Estudio de Santiago a súa implicación e bo facer. Foi unha xornada moi enriquecedora para os nenos e os mestres onde compartimos turismo, xantar e música ... e por suposto conversas. Queremos darlle as grazas a Victor por amosarnos as marabillas arqueolóxicas que se agochan na comarca do Barbanza e facernos un interesante percorrido pola exposición do Centro Arqueolóxico do Barbanza en Neixón.
Xa podedes ver as fotos da xornada na galería do noso blog ou no noso facebook.


miércoles, 23 de mayo de 2012

I Encontro Galego de Escolas de Música

Enmarcado na programación mensual que ven organizando a Escola de Música de Boiro ao longo deste curso, terá lugar este sábado 26 de maio o I Encontro Galego de Escolas de Música. Participarán as Escolas de Música de Carnota, Muros, Cee e a Escola de Música Estudio de Santiago de Compostela. Acompañaránnos arredor de 15 músicos de cada unha das escolas participantes.O obxetivo deste encontro é o de compartir experiencias educativas e estreitar lazos entre as alumnas e alumnos de distintas escolas de música. Desde a EMB apostamos polo diálogo musical e cultural con outras escolas galegas polo que agardamos que este sexa o primeiro de moitos máis.

Ás 12:00h terá lugar a recepción das Escolas na Praza do Concello a cargo da EMB e a corporación municipal. Unha vez feitas as presentacións desplazarémonos ata o Museo Arqueolóxico do Castro de Neixón para asistir a unha visita guiada e dar a coñecer aos nosos invitados un dos lugares máis representativos do noso concello. Despois do xantar realizarase unha visita ás instalacións da EMB e terán lugar os ensaios previos. O concerto de clausura da xornada está previsto para ás 17:30h no Auditorio da Casa da Cultura Ramón Martínez López.

Non o perdades!

martes, 15 de mayo de 2012

Fraguel Rock para os máis peques da EMB.

O profe Gabriel deixa esta canción da segunda temporada de Fraguel Rock titulada "Trabajo, trabajo y trabajo"; para os e as peques da EMB; a ensaiar!


Video Recital Leñaverde

Que viva o Recital Leñaverde ! Este é un pequeno resumo do que aconteceu o pasado 29 de marzo na Estación Leñaverde, no Centro Social, onde grandes e pequenos amosaron aos asistentes o traballo que veñen realizando nos últimos meses na EMB. As alumnas e alumnos de Estudio Escola de Santiago compartiron con nós unha tarde chea de música interpretando dúas pezas. Tamén quixemos colaborar con UNICEF quenes instalaron un stand informativo para as persoas asistentes. Unha tarde chea de encontros entre músicos e ledicia das familias. Pola nosa parte, agardamos o vindeiro Recital Leñaverde do ano 2013 ca mesma ilusión de ter entre nós ás novas xeracións das e dos músicos que están por vir.

miércoles, 2 de mayo de 2012

David Lojo Quartet


O pasado venres ás 21:30h tivo lugar no Centro Social o concerto de David Lojo Quartet enmarcado na programación mensual que ven organizando a Escola de Música de Boiro. David Lojo é antigo alumno da Escola e membro da Banda de Música de Boiro. En breve subiremos á nosa canle de youtube videos do concerto.



Novas fotos na galería da EMB: Recital Leñaverde

Xa están na nosa galería as fotos do Recital Leñaverde. Un ano máis o Recital Leñaverde descubre os novos talentos da EMB. Nesta ocasión contamos coa visita dos alumnos da Estudio Escola de Santiago de Compostela que tocaron tres temas con nós. Tamén quixemos colaborar con UNICEF que instalou un stand de mostra e información para lembrarnos a necesidade de colaborar coa causa. Parabéns a todas e todos os músicos polo bo traballo realizado!
Para acceder directamente premede na imaxe: