Este domingo, celebrouse na Igrexia Parroquial de Boiro o xa tradicional Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música de Boiro cun gran éxito de público. Este ano a Escola de Música foi outra das protagonistas pois neste concerto participaron algúns dos nosos nenos no coro de voces brancas que ensaiamos para a ocasión...o Nadal está preto!
Os nosos nenos interpretaron xunto coa Banda de Música e baixo a batura do seu director Juan Lois Diéguez "Adeste Fideles" e "El caracol Mifasol" de Ferrer Ferrán. Estiveron presentes no acto o Alcalde Juan José Dieste e a Concelleira de Cultura Helena Teixeira. Parabéns a todos os músicos e grazas ás familias pola vosa asistencia! Bo Nadal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario! É sinxelo, só tes que deixar o teu nome, comentar e enviar!