lunes, 23 de marzo de 2015

Hoxe temos o placer de presentarvos dentro da programación anual da EMB o Recital Leña Verde 2015 donde algúns dos alumnos e alumnas da escola mostrarán os seus avances neste curso. Agardámosvos a todos e todas este venres.


viernes, 6 de marzo de 2015

A continuación deixámosvos algunhas fotos da audición que as alumnas e alumnos da EMB realizaron o pasado venres 27 de febreiro. En breve subiremos os vídeos con fragmentos das actuacións. Ficade atentos!





viernes, 20 de febrero de 2015

Audición alumnas e alumnos.

Hoxe presentámosvos dentro da programación do curso 2014/15 a audición que terá lugar no Centrosocial Boiro na que participarán alumnos de percusión, vento madeira, guitarra, iniciación e linguaxe musical.Será o vindeiro venres 27 de febreiro ás 20:00 h. Non o perdades!


jueves, 19 de febrero de 2015

Grabación do Disco "ALEGRÍA"

Recentemente tivemos o pracer de participar na gravación do disco de música infantil "ALEGRÍA" do grande Sérgio Tannus. Ademáis tivemos a sorte de coñecer a novos amigos que se uniron connosco á grabación.
Parabéns a todas e todos os participantes!










lunes, 26 de enero de 2015

IV Encontro de Música e Baile Tradicional


E para empezar o ano con bó pé a EMB preséntavos o IV Encontro de Música e Baile Tradicional que se celebrará este venres 30 de Xaneiro no local Leña Verde, no Centrosocial Boiro. Consolidado xa dentro da programación anual da Escola, este ano promete máis e mellor. Música, bo ambiente e algunha que outra larpeirada fan un plan perfecto para a tarde/noite do venres. Non faltedes!

viernes, 19 de diciembre de 2014

Hoxe en Boiro son días tristes, xa saberedes todas e todos da desaparición dos tres mariñeiros de Cabo de Cruz, polo que suspenderemos o festival de nadal 2014 deste venres 19. Haberá clase con normalidade ese día. Aproveitamos para mandarlle o máis sentido dos abrazos ás familias e demáis afectados pola traxedia.

martes, 9 de diciembre de 2014

Hoxe aproveitamos para deixarvos un vídeo de Alba, unha das nosas mellores alumnas, interpretando un fragmento do Romance Anónimo para guitarra.


A EMB ten o placer de presentarvos o útimo éxito do mes de Decembro, o tema versionado polas alumnas e alumnos da Escola: "As Burbulliñas". Agardamos que o desfrutedes case tanto como nos ó fixemos grabandoo!.

jueves, 2 de octubre de 2014

Curso de Afinación de Gaita

Arrancamos o curso na EMB coa segunda edición do curso de afinación para gaita impartido por Xaquín Xesteira (Treixadura) non vos demoredes na inscripción pois na anterior edición logo chegamos ao tope de alumnos. O curso será impartido o sábado 18 de Outubro na Escola de Música tedes toda a información no seguinte cartel.
Animádevos!